O queixo é un alimento que forma parte da nosa dieta. Case non existe ningún fogar onde non estea presente un bo queixo, pero realmente coñecemos cales son as súas propiedades? Este produto é un elemento importante
dentro dunha alimentación completa e equilibrada, aínda que como todo nesta vida, o seu abuso pode ter
efectos nocivos para o organismo.
Os expertos recomendan un consumo de aproximadamente uns
30 gramos de queixo diarios, unha cantidade que xa satisfai o aporte lácteo
necesario para o organismo.
A principal característica do queixo (en todas as súas variedades) é o alto aporte de calcio e de
fósforo. Así, unha porción duns 100 gramos de produto equivale a uns 1.000
miligramos de calcio, cantidade que resulta en xeral suficiente para
cubrir o requerimento diario deste mineral.
Aínda que non sempre se considerou así, o queixo é un
alimento que convén consumir en todas as etapas da vida. Mentres os
nenos poden combinar o seu consumo co do leite e incluso aumentalo ata
unos 40 gramos diarios, para axudar á boa formación dos osos e os
dentes, os adultos, que polo xeral adoitan tomar moito menos leite, atopan no queixo un excelente substituto para a conservación do seu
esquelete e a prevención do desgaste óseo. Isto é especialmente importante nas persoas de máis idade, pola incidencia que nelas ten a
osteoporose e o maior risco de sufrir fracturas de osos.
EMBARAZO E LACTANCIA
As mulleres embarazadas tamén teñen no queixo un bo aliado para cubrir o maior requerimento de
calcio que se dá ao longo do embarazo e durante o periodo de
lactancia. O queixo, ademais, é un alimento que contén proteínas
de moi boa calidade. Como sucede, por exemplo, no caso das carnes vermellas, este aporte proteico axuda a formar, reparar e manter os distintos tecidos
do corpo.
Deste xeito, por exemplo, en 100 gramos de queixo parmesano existen ata 40 gramos de proteínas. Na mesma cantidade de queixo manchego curado,
uns 36 gramos, aproximadamente, e no queixo azul, uns 21 gramos de media.
Convén ter en conta que as persoas que xa consumen moitas
carnes vermellas e graxas deberían limitar máis a inxesta de queixo, pois xa ten
cubertas en grande medida as súas necesidades proteicas e non lles convén engadir
novas graxas á súa dieta.
En canto ás vitaminas, no queixo atópanse as do grupo A, D, B12 y B2, que, entre outras moitas propiedades, protexen das
infeccións, coidan a pel, axudan a mellorar a cicatrización e favorecen
ademais o bo funcionamento do sistema nervioso.
GRAXAS DE ORIXE ANIMAL
Con respecto ás graxas que
aporta o queixo, é importante sinalar que estas son de orixe animal, o que
significa que son saturadas e que o seu consumo excesivo está desaconsellado porque
favorece a aparición de enfermidades cardiovasculares e o sobrepeso ou a
obesidade.
De todos os xeitos, a opción máis saudable é elixir
preferentemente os queixos frescos desnatados, precisamente polo seu menor
contido graxo. Este consello é válido tanto para as persoas adultas como
para os nenos, xa que neste tipo de queixos só ven modificado o seu contido
graxo e conservan, en cambio, as vitaminas e minerais. En Prestes temos tres tipos de queixos frescos. Natural, á Pementa ou ás Finas Herbas.
As persoas con problemas de intolerancia á lactosa ou alérxicas tamén teñen que ter un coidado especial co queiso,
eliminándoo incluso da dieta se é necesario o en todo caso restrinxindo o seu consumo ou tomando unicamente aqueles que o seu organismo tolere sen xerar
algún tipo de reacción adversa. No caso dos nosos queixos, todos, a excepción do Azul, teñen menos de 0,001 de lactosa, que é o que indica a lexislación española para poder etiquetar 'Sen lactosa'.
No hay comentarios:
Publicar un comentario