jueves, 19 de febrero de 2015

Os nosos queixos, no Atlante Wine Forum



O vindeiro luns 23 de febreiro celébrase en Vigo ATLANTE, o primeiro foro internacional para profesionais do viño (hostalería, turismo, adegas, etc.) en Galicia. O encontró permitirá coñecer de primeira man os coñecementos, as inquedanzas e os traballos de ponentes de prestixio internacional como Peter Richards (Master of Wine e presentador dun programa de viños na televisión pública do Reino Unido, BBC), Dimitris Leivadas (Xefe de Sala de The Fat Duck durante moitos anos), Claude Bourguignon (un dos máis recoñecidos especialistas en solos do mundo) ou Ferrán Centelles (do xa mítico restaurante El Bulli de Ferrán Adriá).  Na páxina web do evento, organizado polo Instituto Galego do Viño, podes coñecer polo miúdo o programa do fórum e a lista de ponentes completa: www.atlantewine.com. O fórum terá lugar na sede Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 24).



Está prevista a asistencia de máis de 200 profesionais relacionados coa gastronomía e a hostalaría en xeral, que asistirán a ponencias, masterclass en formatos reducidos e mesas redondas ao longo de once intensas horas de traballo. ATLANTE é un espazo de debate e aprendizaxe no que se fomenta a participación activa dos asistentes. Para favorecer esta participación, nas ponencias en inglés ou francés haberá tradución simultánea.

No descanso do programa de conferencias haberá unha comida-degustación, á hora do xantar, na que os nosos queixos serán uns dos grandes protagonistas; xunto con outros dous produtos do país: embutidos e xamón de porco celta e empanadas. Para cada produto foi escollido un produtor de máxima calidade entre os que nos gabamos de estar en representación do noso puxante e dinámico sector lácteo. 



Dende Queixerías Prestes queremos dar as grazas os organizadores pola confianza depositada nos nosos queixos. É para nós un verdadeiro pracer compartir mesa e mantelo con figuras tan representativos do mundo da restauración e da hostalaría a nivel mundial. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario